Radnitsky, Emmanuel

Artista e fotógrafo estadounidense. Coñecido como Man Ray desde 1914, en 1911 instalouse en Nova York onde, na súa visita á exposición Armony Show (1913), descubriu a obra de M. Duchamp e F. Picabia, aos que coñeceu posteriormente e cos que inaugurou o movemento dadá en Nova York (1917). Desde 1915 dedicouse á fotografía e en 1921 trasladouse a París, onde coñeceu os surrealistas. Xunto coas súas fotografías (Le Violon d’Ingres, 1924) e pinturas, realizou varios filmes surrealistas e abstractos, como Madame la Baronne Elsa von Freytag Loringboven se rase le pubis (1920) e Le Retour à la raison (1923); ready-mades (Regal, 1921; Objecte perdut, 1923); retratos (Le portrait imaginaire de D.A.F. de Sade, 1938; Ava Gadner, 1950) e empregou o fotograma (Le baiser 1921). Publicou TNT (1919), New York Dada (1920) e 13 photografies et poèmes de Paul Eluard (1935). En 1940 trasladouse a Hollywood, onde continuou coa súa carreira ata 1951, cando regresou a Francia.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Philadelphia, PennsylvaniaAdvertisement -
Deceso
Lugar : ParísAdvertisement