Assemblage
Assemblage | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | xénero artístico e técnica artística ![]() |
Subclase de | ensemble of works of art (en) ![]() ![]() |
Practicado por | artista de assemblage ![]() |
Composto por
| |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |

A assemblage é un proceso artístico que consiste dar tridimensionalidade a unha composición mediante a combinación de diferentes obxectos, naturais ou fabricados pero coa característica común que non foran creados especificamente como materiais artísticos.

A orixe do termo está na obra de Jean Dubuffet que a comezos dos anos 50 do século XX creou unha serie de collages de ás de bolboreta á que lle deu por título assemblages d'empreintes. Non obstante anteriormente artistas como Marcel Duchamp e Pablo Picasso traballaran con obxectos non artísticos, así como tamén Elsa von Freytag-Loringhoven e Louise Nevelson.

En 1961 o Museo de Arte Moderna de Nova York organizou a mostra "The Art of Assemblage" coa participación de artistas norteamericanos e europeos, o que lle deu carta de natureza dentro do mundo da arte.