Saltar ao contido

Biblioteca Nacional de Australia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biblioteca Nacional de Australia

Tipobiblioteca nacional, museo de arte, museo de historia e axencia gobernamental de Australia Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Data
Fundación23 de marzo de 1961 e 1960 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 35°17′47″S 149°07′46″L / -35.2964, 149.1294
EstadoAustralia
Territorio continental australianoTerritorio da Capital Australiana
Distrito (pt) TraducirCanberra Central (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaísAustralia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónCamberra Editar o valor en Wikidata
EnderezoParkes Pl W, Canberra ACT 2600 Editar o valor en Wikidata
SedeCamberra Editar o valor en Wikidata
XurisdiciónAustralia Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBnla.gov.au Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: co0203566 Facebook: National.Library.of.Australia Twitter: nlagovau Instagram: nationallibraryaus Youtube: UCv51AT4rmiwH1M9aLDE1AIA Flickr: national_library_of_australia_commons BNE: XX139595 GitHub: nla Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]

A Biblioteca Nacional de Australia (en inglés: National Library of Australia) é a maior biblioteca de referencia de Australia e atópase na súa capital, en Camberra. Tamén fai a función de depósito legal de Australia. Segundo os datos de 2012 e 2013, a biblioteca conta cun fondo de 6 496 772 ítems, e cunha estimación doutros 2 325 900 ítems adicionais na colección de manuscritos.

A súa fundación remóntase ao ano 1901, cando se creou unha biblioteca para o Parlamento federal. Porén, foi en 1960 cando foi creada a partir da National Library Act coa finalidade de desenvolver e manter unha colección bibliográfica universal, que ten que incluír unha exhaustiva sección nacional sobre Australia e o pobo australiano.[1]

O novo edificio acabouse de construír en 1968. Ademais da colección australiana e xeral, posúe unha das coleccións máis importantes sobre a civilización e a literatura de Asia de todo o hemisferio sur.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]