Saltar ao contido

Darktable

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Darktable


Instancia deeditor de imaxes rasterizadas, software libre e software libre e de código aberto Editar o valor en Wikidata
Usoedición de imaxes, fotografía dixital e raw (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LicenzaGNU General Public License v3.0 or later Editar o valor en Wikidata
Características
Sistema operativoLinux, Microsoft Windows, macOS, Solaris e BSD Editar o valor en Wikidata
Linguaxe de programaciónC e Lua Editar o valor en Wikidata
Biblioteca de IUGTK (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas e localizacións
Creación12 de abril de 2009 Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBdarktable.org Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: darktable Twitter: https://www.referralcode.app/ GitHub: darktable-org Editar o valor en Wikidata
Manualdarktable.org… Editar o valor en Wikidata
Repositoriogithub.com… e github.com… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Darktable é unha aplicación libre e de código aberto para a edición de imaxes en formato raw (negativo dixital, imaxe dixital sen pretratar polo software da cámara). É un programa de revelado dixital, que permite a edición non destrutiva e o retoque de imaxes. Unha mesa de luz e un cuarto escuro virtual para os fotógrafos, onde xestionar os negativos dixitais nunha base de datos.

É unha aplicación de software libre (dispoñible baixo a licenza GPL), multiplataforma (GNU/Linux, Windows, macOS) e que conta cunha comunidade de usuarios extensa. A interface de Darktable está dispoñible en 21 idiomas.[1]

Características[2]

[editar | editar a fonte]
  • Posúe edición non destrutiva ao longo de todo o fluxo de traballo, as imaxes orixinais nunca se modifican.
  • Procesamento de imaxes acelerado na GPU grazas á compatibilidade con OpenCL.
  • Xestión profesional da cor: compatibilidade con perfís ICC incorporados para espazos de cor sRGB, Adobe RGB, XYZ e RGB lineais.
  • Filtrado e clasificación avanzado: permite a procura por etiquetas, clasificación de imaxes, etiquetas de cor e moito máis.
  • Formatos de imaxe soportados: importa formatos crus, de alto rango dinámico (JPEG, CR2, NEF, HDR, PFM, RAF…) e de baixo rango dinámico como (JPEG, PNG, TIFF, PPM)
  • Permite o Tethered shooting (disparo e control remoto da cámara a través da interface de Darktable) con algúns modelos concretos de cámaras.
  • Automatización de tarefas repetitivas: pode usarse a linguaxe Lua.

Novas características da versión 3.2.1

[editar | editar a fonte]
  • Revisión completa do código CSS para obter un aspecto profesional
  • Módulos de localización e selector de cor actualizados
  • É posible agregar regras CSS nas preferencias para modificar o aspecto de darktable, así como para controlar o tamaño de fonte e os valores de DPI
  • Nova pantalla de histograma chamada RGB Parade
  • Agregado soporte para gradientes curvos
  • Agregado soporte para formato de arquivo AVIF
  • Soporte para novas cámaras
  1. https://www.mancomun.gal/artigo-tic/darktable-revelado-dixital-de-imaxes/
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2020. Consultado o 16 de setembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]