Saltar ao contido

Oruchuban Ebichu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oruchuban Ebichu
Tiposerie de manga e serie de televisión de anime Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoanime e manga de comedia e ecchi Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua xaponesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Autor/aRisa Itō Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeXapón Editar o valor en Wikidata
Público obxectivoSeinen Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesIMDB: tt0366064 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Oruchuban Ebichu (おるちゅばんエビちゅ lit. Ebichu organiza a casa) é un manga creado por Risa Itō publicado por Futabasha. Tamén conta cunha adaptación ao anime, a cal foi producida por Gainax, pero animada por Group TAC, que foi transmitida por DirecTV Xapón, e ademais era un dos tres animes que facían parte dun show chamado Ai no Awa Awa Hour. Foi transmitida no Xapón do 1 de agosto de 1999, ata o 1 de outubro dese mesmo ano.

Orochuban Ebichu é un anime e un manga dirixido ao público adulto, debido á súa explícita violencia, linguaxe ofensivo, e escenas de sexo explícito das cales só poderían mostrarse por DirectTV Japan. A versión inédita só pode atóparse en DVD. O programa está feito cun estilo de arte moi sinxelo, e o seu contido sexual está dirixido máis cara ao xénero de comedia, o cal se considera ecchi, ca a un xénero fetichista.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Ebichu - Hámster moi imperativa que se encarga das tarefas do fogar.
  • Ama - É a dona de Ebichu.
  • Kaishounachi - Mozo da ama. É infiel e non se leva ben con Ebichu.
  • Maa-kun - É amigo de Kaishounachi e está profundamente namorado de Ebichu.
  • A caseira - É a dona do edificio onde viven Ebichu e á súa ama.
  • Os Kobayashi - Son unha parella de recentemente casados que se mudan ao apartamento de ao lado. Ebichu e a súa dona espíanlles con frecuencia.
  • Watanabe-san - É amiga da ama de Ebichu, sempre está a sorrir e encántanlle as flores.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]