Saltar ao contido

Tarde de domingo na illa da Grande Jatte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tarde de domingo na illa da Grande Jatte

Tipopintura Editar o valor en Wikidata
MovementoPuntillismo, postimpresionismo e divisionismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoarte de xénero Editar o valor en Wikidata
Materialpintura ao óleo e lenzo Editar o valor en Wikidata
Autoría
Creador/aGeorges Seurat Editar o valor en Wikidata
Temática
Publicación
País orixeFrancia Editar o valor en Wikidata
Datas
Data de creación1884 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura207,5 cm Editar o valor en Wikidata
Anchura308,1 cm Editar o valor en Wikidata
Localización
LocalizaciónArt Institute of Chicago Editar o valor en Wikidata
ColecciónArt Institute of Chicago Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Wikidata ] C:Commons ]
Tarde de domingo na illa da Grande Jatte, 207,6 x 308 cm, The Art Institute, Chicago

Tarde de domingo na illa da Grande Jatte (Un dimanche après-midi à l'Ile de la Grande Jatte) é a obra máis famosa de Georges Seurat, exemplo do puntillismo, considerada como unha das máis destacadas pinturas do XIX, dentro de período post-impresionista.

A illa da Grande Jatte está no río Sena en París entre La Defense e o suburbio de Neuilly, cortado polo Pont-de-Levallois. Aínda que durante varios anos foi un sitio industrial, hoxe é un xardín público e de desenvolvemento edificábel. No 1884, a illa era un retiro bucólico do centro urbano.

Seurat tardou dous anos en pintar a obra, rexistrando escrupulosamente a paisaxe do parque. Non só traballou no orixinal, senón que completou numerosos debuxos preliminares e esbozos ao óleo. Concentrouse en aspectos da cor, luz e forma. A obra ten unhas dimensións de 2 por 3 metros.

Impelido por recentes estudos coetáneos de óptica e o desenvolvemento da teoría das cores, contrapuxo puntos de cor que, a través dunha unificación óptica, forman un matiz sinxelo na vista do espectador. Cría que este xeito de pintar, agora coñecido como puntillismo, podía converter as cores en máis brillantes e enérxicas ca as pinceladas ao uso. A fin de facer a experiencia máis vívida, rodeou todo cunha estrutura de puntos pintados, que á súa vez encerrou cun marco de madeira branco puro, que é como se exhibe aínda hoxe no Art Institute of Chicago.

Na creación da pintura, Seurat empregou o entón novo pigmento zinc amarelo (zinc cromado), moi visíbel nos amarelos brillantes que figuran no céspede da pintura, mais tamén nas mesturas con pigmentos laranxa e azuis. Porén co tempo o zinc amarelo tendeu a escurecerse e acastañarse, unha dexeneración da cor que comezou a aparecer aínda en vida de Seurat.